Ecosistema do deseño para a innovación empresarial


A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 13 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) o encontro "Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”.

Este evento do Programa de Deseño para a Innovación 2020 ten como principal obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial.

Neste marco, busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o establecemento de contacto entre os e as profesionais do deseño, as asociacións que os representan, as institucións académicas vinculadas ao sector e a industria galega.

A conferencia inaugural estará a cargo do responsable de deseño do Zentre Donostia Design Institute, Alberto Barreiro, que abordará a importancia do deseño como competencia clave para as empresas e entidades que apostan pola innovación.

Os participantes terán ocasión de coñecer o impacto positivo da actividade asociativa sobre o desenvolvemento do sector tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, como Madrid, Barcelona, Comunidade Valenciana, Euskadi e Andalucía.

Ademais, as principais escolas de deseño galegas compartirán as súas experiencias de transferencia de coñecemento e talento á industria.

 

PROGRAMA

9.30 - 9.45 h

Rexistro de asistentes. 

9.45 - 10.00 h

Apertura do encontro por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación GAIN)

10.00 - 10.45 h

Conferencia inaugural: O deseño como elemento transformador do talento e a creación de valor. A importancia do deseño como competencia e disciplina clave para empresas e entidades que apostan pola innovación.

Nela exporanse, ademaisde tendencias e aspectos conceptuais, os fundamentos do Zentre Donostia Design Institute vinculado ao deseño que promoven Fomento de San Sebastián e o grupo Barrabés. Alberto Barreiro, responsable do Zentre Donostia Design Institute.

10.45 - 11.15 h

Posicionamento estratéxico do deseño na Comunidade  Valenciana. As industrias  do deseño na Comunidade Valenciana e o estudo sobre o  impacto do sector deseño sobre  a súa contorna socioeconómica.

María Navarro, xerente da Asociación de Diseñadores da  Comunidade Valenciana (ADCV).

11.15 - 11.35 h

A experiencia da Central de deseño Matadero e os seus profesionais asociados comoespazo de referencia para a difusión do deseño en Madrid.

Pedro Feduchi, ex-presidente da Asociación de Diseñadores de Madrid (DIMAD) e membro dopatronato da Fundación DIMAD.

11.35 - 11.45 h

Preguntas.

11.45 - 12.30 h  

PAUSA - CAFÉ

Óscar de Toro – Barista 

12.30 - 13.20 h

O deseño industrial e gráfico no ámbito social, cultural, institucional e empresarial catalán.

12.30 - 12.55 h

Gennís Senén, vogal de ADIFAD (Vocalía de Xuventude).

Deseñador de produto e socio fundador de Gravina. Asociación de Diseño Industrial del Fomento de las Artes y el Diseño (ADI-FAD).

12.55 - 13.20 h

Daniel Ayuso, Presidente Asociación de Directores de Arte y Diseñadores Gráficos (ADG-FAD) 

13.20 - 13.45 h

Promoción e dinamización do deseño no ámbito empresarial e institucional a través do BCD.  Alba Obiols, Project Manager - Departamento de Innovación e Estratexia, Centro de Diseño de Barcelona BCD.

13.45 - 14.10 h

O recoñecemento social ao deseño en Andalucía. Granada Barrero, presidenta da Asociación de Diseñadores de Andalucía (AAD). 

14.10 - 14.30 h

Preguntas.  

14.30 - 16.00 h

ALMORZO

Lucía Freitas (restaurante A Tafona), cociñeira membro do Grupo Nove.

16.00 - 16.45 h

Mesa de debate: O papel das escolas superiores de deseño e arte e o seu impacto no tecido socioeconómico galego.

  • EASD Mestre Mateo (Santiago).
  • EASD Ramón Falcón (Lugo).
  • EASD Pablo Picasso (A Coruña).
  • Escola de Deseño e Moda Goymar Galicia (A Coruña).

16.45 - 17.15 h

A identidade visual no ámbito do público. A experiencia da cidade de Oporto.

Eduardo Aires, fundador de Whitestudio. 

17.15 - 17.40 h

Conclusións do encontro e papel do Cluster de Comunicación Gráfica galego na difusión e promoción do deseño en Galicia.

David Silvosa, secretario de deseño do Cluster de Comunicación Gráfica.

17.40 - 18.05 h

Conclusións do encontro e papel da Asociación Galega de Deseño (DAG) na difusión e promoción do deseño en Galicia.

Irene García, presidenta da Asociación Galega de Deseño (DAG).

18.05-18.15 h

Preguntas.

18.15 h

Clausura do encontro por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

 

Inscripción AQUÍ 

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000

 


Ultimas Noticias

Cointega organiza una Sesión Demostrativa en Tecnologías RFID

El Digital Innovation Hub, INFAB HUB, celebra su Asamblea General

Cointega se reune con responsables de CITEVE

Cointega organiza: Sesión Demostrativa en Tecnología RFID 17/12/2024 11:45h


Últimos Tweets

@COINTEGA Abierta la convocatoria del programa Eduemprende IDEA 2015, dirigida a los alumnos de artes plásticas y diseño de... http://t.co/fzR4JuX4Xn 28-05-2015
@COINTEGA ICEX apoya a las empresas para obtener financiación del BID y del Banco Mundial http://t.co/uTorSKuELK 21-05-2015