Programa connect-19 - Conectando a innovación cos mercados


A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da COVID-19:

O Programa Connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.

Empresas Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do Programa Connect-19 ata 20  PEMES gallegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertenecentes a calquera sector que conten cun produto ou servicio innovador, que poida contribuir á loita contra o impacto producido pola crise da COVID-19 e que sexa susceptible de incorporar de forma inmediata ao Mercado (nivel de madurez tecnolóxica TRL9) ou que se encontre xa no Mercado pero necesite impulso para o seu posicionamento.

Connect-19 é:

• Unha aceleradora ESPECIALIZADA en solucións fronte ao novo contexto xerado pola COVID-19. Co obxectivo de aproveitar a oportunidade de mercado e a dar resposta a demanda social e industrial asociada, posicionando ao tecido empresarial galego como referente a nivel global.

• Unha aceleradora de COMERCIALIZACIÓN. Estas solucións teñen que ter un carácter de implantación inmediata no mercado, posto que o se pretende conseguir é o fortalecemento da comercialización no mercado no menor tempo posible.

Todo isto aplicando unha metodoloxía de aceleración previamente contrastada e totalmente adap tada ás necesidades das empresas participantes.

Más información e inscripcións: http://connect19.gal/