Invitación Xunta de Galicia - 12 diciembre - Presentación Programa Responsabilízate


Desde Cointega trasladamos la invitación que nos hace llegar la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, y la hacemos extensiva todas nuestras empresas asociadas:

A Xunta de Galicia leva anos impulsando a sustentabilidade empresarial desde a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, xa que considera que as empresas sostibles responsables aseguran unha sociedade máis xusta e garanten a súa viabilidade. Para axudar ás pemes galegas neste camiño desenvólvese desde hai varios anos o programa Responsabilízate, de asesoramento gratuíto integral á empresa, que inclúe formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades. 

En setembro de 2023 iniciamos a cuarta edición, tras o éxito da terceira desenvolvida no último ano e medio e que seguiron 200 empresas galegas con gran éxito. Gustaríanos que a vosa asociación nos axude a promocionar este Programa; por eles querémosvos convidar ao evento que imos celebrar o día 12 de decembro, no que contaremos coa presenza da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo e o Presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, así como de varias empresas que contarán a súa experiencia como participantes do programa na edición que acaba de rematar e na que aproveitaremos para informar sobre o Programa.

Formulario de inscrición para o evento de presentación do programahttps://forms.office.com/e/R9VFc2H0A5

Más información sobre o programa dispoñible na Sede da Xuntahttps://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B